caducar

caducar

(< lat caducāre)

  1. v i
    1. Perder a súa forza ou validez un decreto, un costume, unha lei, etc, por caer en desuso ou por chegar a unha data determinada.

      Ex: Caducoume o carné de identidade.

      Confrontacións: prescribir.
    2. Finalizar un prazo de tempo, un dereito, un contrato ou outra cousa semellante.

      Ex: O prazo para solicitar residencia caducou a semana pasada.

      Sinónimos: acabar, prescribir, rematar, terminar.
  2. v i

    Deixar de ser apto para o consumo un alimento, un medicamento ou calquera outro produto perecedoiro.

    Ex: Fíxate ben e non merques produtos envasados que xa caducasen.

  3. v i
    1. Derramarse ou acabarse unha cousa como efecto do paso do tempo ou de ter moito uso.

      Ex: Moita tecnoloxía de hai poucos anos caducou na actualidade.

    2. Perder as súas facultades unha persoa a causa do paso do tempo.

      Ex: O único toneleiro que quedaba na vila xa hai algún tempo que caducou.

      Confrontacións: decaer.

Palabras veciñas

cadrozo | cadrumela | caducado -da | caducar | caduceo | caduci- | caducicordado -da
Conxugar
VERBO caducar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caduco
caducas
caduca
caducamos
caducades
caducan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducaba
caducabas
caducaba
caducabamos
caducabades
caducaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caduquei
caducaches
caducou
caducamos
caducastes
caducaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducara
caducaras
caducara
caducaramos
caducarades
caducaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducarei
caducarás
caducará
caducaremos
caducaredes
caducarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducaría
caducarías
caducaría
caducariamos
caducariades
caducarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caduque
caduques
caduque
caduquemos
caduquedes
caduquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducase
caducases
caducase
caducasemos
caducasedes
caducasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducar
caducares
caducar
caducarmos
caducardes
caducaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
caduca
-
-
caducade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caducar
caducares
caducar
caducarmos
caducardes
caducaren
Xerundio caducando
Participio caducado
caducada
caducados
caducadas