Caeiro, Manuel frei

Caeiro, Manuel frei

Arquitecto. Ingresou en 1758 no convento de San Francisco, en Santiago de Compostela. Continuou coas obras da súa igrexa aplicando no segundo corpo da fachada as modificacións neoclásicas impostas en 1778 pola Real Academia de San Fernando. Realizou a cúpula do cruceiro en 1782, así como a torre das campás en 1787. Atribúeselle o desaparecido retablo de santo Antón, no antigo templo deste convento. En 1783 deseñou o novo trazado da rúa de Santa Clara de Santiago de Compostela e en 1790 a condución de augas da cidade, no tramo comprendido entre as rúas Espírito Santo e San Caetano.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cuntis

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela