Caetano, Marcelo José das Neves

Caetano, Marcelo José das Neves

Político. Foi profesor de dereito administrativo na Universidade de Lisboa dende 1933. En 1929 iniciou a súa colaboración con António Oliveira de Salazar, quen o nomeou ministro das Colonias entre 1944 e 1947, momento no que impulsou a integración política, administrativa e económica coa metrópole. Exerceu tamén como ministro da Presidencia entre 1955 e 1958, cando foi nomeado reitor da Universidade de Lisboa. En setembro de 1968, logo de que Salazar tivera que abandonar o poder, ocupou a presidencia do goberno ata que foi deposto o 25 de abril de 1974, exiliándose no Brasil. Entre 1947 e 1950 presidira, ademais, a União Nacional, única formación política autorizada baixo a ditadura de Salazar. Así mesmo, foi autor do Código Administrativo de 1936. Publicou obras de historia e de dereito, como son História Breve das Constituções (1965) e História do Direito português, 1140-1495 (1981).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa

  • Deceso

    Lugar : Rio de Janeiro