Café La MaMa

Café La MaMa
[ESPECT]

Club de teatro experimental creado ao abeiro dun local homónimo aberto en 1962 por Ellen Stewart, co obxectivo de producir espectáculos baseados en pezas de novos dramaturgos americanos. Nese mesmo ano presentaron un espectáculo, One Arm (Unha arma), realizado a partir dun texto de Tennessee Williams. Desde entón constitúe un dos puntos de referencia do teatro en Off Broadway. Vén desenvolvendo un importante labor de promoción do teatro da minoría negra e tamén de difusión do traballo de directores europeos como Peter Brook, Eugenio Barba ou Jerzy Grotowski. Por este labor de promoción de novos valores, Ellen Stewart recibiu numerosos premios e goza do recoñecemento internacional.