cafeteiro -ra

cafeteiro -ra

(< fr cafetière)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao café.

      Ex: As empresas cafeteiras pecharon hoxe as súas fábricas de produción.

    2. Que toma moito café.

      Ex: Os teus amigos son moi cafeteiros.

  2. s
    1. Persoa que vende ou cultiva café.

      Ex: Os cafeteiros declaráronse en folga pola baixada dos prezos do café.

    2. Persoa propietaria dun café ou dun cafeal.

  3. s f

    Recipiente para servir o café.

    Ex: Gustáronme moito as cafeteiras artesanais que había na tenda.

    1. s f

      Aparello ou máquina para obter a infusión do café. O tipo máis común é un recipiente metálico con dúas metades que se enroscan unha coa outra, comunicadas a través dun conduto; na inferior ferve auga que ten que atravesar o café moído, colocado sobre ela nunha bandexa finamente perforada, para escapar atravesando o filtro polo conduto que comunica co compartimento superior, onde se recolle a infusión resultante. Nas cafeteiras eléctricas, o café sitúase nun filtro de papel colocado por riba dunha xerra onde cae a infusión. Nas cafeteiras expreso, o café obtense pola condensación do vapor de auga e poden ser de tres tipos: de pistón manual, de errogación continua semiautomática ou de errogación continua automática.

      Ex: Teño que cambiar a xerra da cafeteira eléctrica porque rompeu a que tiña.

    2. cafeteira rusa

      Cafeteira na que a percolación se efectúa despois de invertila, de xeito que o recipiente onde ferveu a auga queda enriba do que está destinado a recoller a infusión.

Palabras veciñas

cafeína | cafeísmo | cafeol | cafeteiro -ra | cafetería | Caffarel Fábregas, José María | Caffieri