cafetería

cafetería

(< cafeteira)

s f

Establecemento de hostalería especializado no servizo de cafés, que, por norma xeral, está presidido por unha barra trala que hai unha máquina cafeteira, e que dispón de pequenas mesas para consumilo sentado. A aparición das cafeterías en Occidente foi consecuencia da popularización do café a partir do século XVI. Propagáronse rapidamente despois da fundación da vienesa Die blaue Flasche (A botella azul), agás en Inglaterra, onde xa existían os salóns de té e onde o consumo de café era inferior ao da infusión, e en España, onde gozaban de grande arraigamento as chocolaterías. As primeiras cafeterías españolas foron fundadas no século XVII por hostaleiros   italianos.

Sinónimos