caimán

caimán

(

  1. s m [ANIMAL]

    Nome común das especies de réptiles pertencentes aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da orde dos crocodilianos. Presentan un tipo morfolóxico lacertiforme de ata 4,5 m de lonxitude. O fociño é ancho, aplanado e arredondado no extremo. A mandíbula inferior ten un oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior. Como outros réptiles, presentan dúas pálpebras horizontais e unha vertical denominada membrana nititante. Non realizan mudas de pel, pero a capa córnea vai aumentando durante toda a vida do animal (ata 60 anos) e acada grosores importantes. Son ovíparos e poñen uns 50 ovos en niños sinxelos, construídos con restos vexetais nas beiras da auga. A temperatura dentro do niño determina o sexo dos futuros animais que, unha vez emerxidos, son liberados pola femia, da vexetación que ata ese momento serviu de fonte de calor. Para axudarse na rotura do ovo, as crías presentan un pequeno diamante equiparable ao que teñen no peteiro as aves ao nacer e que serve para a mesma función. Permanecen un tempo coa nai, que os protexe dos numerosos depredadores, ata que se independizan. Son de costumes gregarios e principalmente crepusculares. Nadan con grande habilidade e axilidade, cunha dieta baseada en animais acuáticos; pero en terra son torpes e lentos, e teñen como inimigos naturais grandes depredadores, como a anaconda e o xaguar. Son os únicos réptiles con capacidade de emitir voces, que serven para informar as femias sobre a posición do macho. Distribuídos principalmente polo continente americano, a maioría das especies están ameazadas debido á destrución dos medios húmidos onde viven e pola caza que sofren, ao ser moi apreciada a súa pel.

    Confrontacións: crocodilo, gavial.
  2. caimán almiscrado [ANIMAL]

    Caimán do xénero Paleosuchus, de ata 1,2 m de lonxitude e fociño relativamente longo e non aplanado. Comprende dúas especies de América tropical: P. palpebrosus e P. trigonatus, caracterizada esta última por ter os dedos das extremidades posteriores unidos por unha membrana.

  3. s caimán da China [ANIMAL]

    [Alligator

  4. n caimán de anteollos [ANIMAL]

    [Caima

  5. m caimán do Mississippi [ANIMAL]

    [Alligator

  6. n caimán iacaré [ANIMAL]

    [Caima

  7. n caimán mouro [ANIMAL]

    [Melonosuchus