Cairnes, Jonh Elliot
Cairnes, Jonh Elliot
Economista. Seguidor das doutrinas económicas de David Ricardo, está considerado como o derradeiro economista clásico. Atacou a formulación marxinalista de W. Stanley Jevons e enfrontouse ao pensamento de John Stuart Mill e Nassau William Senior. Foi autor, entre outras obras, de The Character and Logical Method of Political Economy (O carácter e método lóxico da economía política, 1857) e Some Leading Principles of Political Economy (Algúns principios rectores de economía política, 1874), onde pretendeu reformar a teoría do fondo de salario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Castle Bellingham, Lughbhadh, Irlanda -
Deceso
Lugar : Blackeath, Londres