Cájar
Cájar
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao SL da cidade de Granada e incluído na súa área metropolitana (2.768 h [1996]). Localizado na aba de Sierra Nevada, na Vega de Granada, é unha área eminentemente agrícola. Non obstante , a expansión urbana da capital introduciu novos usos do solo, industrial e residencial, principalmente. O topónimo procede do árabe caxar que significa “lugar de cría de seda”, actividade que acadou gran relevancia baixo a dominación musulmana. En 1491 foi escenario da Batalla de Zubia, entre as tropas da Raíña Isabel a Católica e do Rei Boabdil. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa parroquial, proxectada, entre outros, por Ventura Rodríguez e rematada en 1785.