Calabuig Reig, Jesús
Pintor. Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o pintor Francisco Lozano Sanchís. Catedrático de Debuxo, exerce a docencia nun instituto vigués. Instalouse en Galicia tralo seu matrimonio coa pintora María Teresa López Prado, coa que realizou distintas obras que asinaron co pseudónimo Calabuig-Prado. Seleccionado nas bienais de Valdepeñas, Ponferrada, Blanco y Negro, Talavera e León, participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, Dezasete pintores de Lugo (1987), levada a Bos Aires, II Mostra de Pintura do Colectivo de Profesores de Galicia (1990 e 1991), I Feira das Artes Plásticas de Vigo (1995), Homenaxe a Sevillano (1996) e nas Mostras Festas do Maestro (1997-2000). Participou nas exposicións benéficas de Mans Unidas, Cáritas e Cruz Vermella; celebrou exposicións individuais en Alcoy, Beniarrés, Madrid, Lugo, Pontevedra, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo, entre outras. Realizou críticas de arte a Juan Cidrás, Fino Lorenzo e Francisco Lareo. Entre as ilustracións que realizou destacan Testigo de mi Sombra, Poesías e Historias Marranas de la ciudad Paralela. Colaborou na revista El Pope e na Radio Galega para a que escribiu artigos. Recibiu en 1991 e en 1993 o premio de pintura do concello de Tui.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Beniarrés, Alacant