Calafell
Calafell
Municipio da provincia de Tarragona, na comarca do Baix Penedès (9.772 h [1996]). É un importante centro turístico que experimentou un notable crecemento demográfico dende a década dos sesenta, paralelo ao desenvolvemento da industria hostaleira. Este proceso comportou o declive do sector pesqueiro, especializado na captura da sardiña, que fora a base da economía local ata esa data.