Calagurris Julia Nassica
Calagurris Julia Nassica
Cidade romana da Hispania Tarraconense situada no convento cesaraugusto. Construída sobre as ruínas dunha poboación anterior, foi destruída polos romanos durante as guerras contra Sertorio despois de resistir o cerco de Pompeio. Foi reedificada por Xulio César e Augusto recoñeceulle o dereito de cidadanía, outorgándolle o título de Julia. Identifícase coa actual Calahorra.