Calamintha

Calamintha
[PLANTA]

Xénero de herbas perennes da familia das lamiáceas, de ata 80 cm de lonxitude, follas ovadas e flores dispostas en inflorescencias no extremo da planta. As flores, con catro estames converxentes no extremo, teñen o cálice dividido en dous labios, o superior con tres dentes e o inferior con dous máis longos; a corola é tubular e está dividida nun labio superior plano e un inferior composto por tres lóbulos. En Galicia son comúns as especies: C. nepeta, de cheiro moi aromático e flores brancas ou lilas, propia de ambientes secos e coñecida co nome de nébeda, e C. sylvatica, de flores violetas, que se atopa en sebes e camiños.

Palabras veciñas

calamento | calamidade | calamina | Calamintha | Cálamis | calamistro | 1 calamita