Cálamis

Cálamis

Escultor e gravador grego. Considérase un dos principais escultores do estilo severo, predecesor inmediato de Policleto e Fidias. Traballou no Peloponeso, aproximadamente entre o 472 e o 429 a C, e residiu en Atenas. O seu estilo caracterízase por unha tendencia arcaizante pero chea de elegancia, destacando as esculturas de cabalos en diversos materiais. Realizou unha estatua de Asclepio de ouro e marfil, e atribúenselle tamén unha Aspasia Afrodita nos Propíleos, unha Atenea Niké en Olimpia, un Zeus Amón en Tebas e unha estela que representa a Hermes levando un carneiro.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Atenas