cálamo

cálamo

(

  1. s m [BOT]

    Tipo de talo herbáceo que carece de nós e de follas, semellante aos que presentan os xuncos.

  2. s m [ORNIT]

    Parte basal da pluma dunha ave que nace dun folículo cutáneo e que continúa nun raque.

  3. s m
    1. [PALEOG]

      Pluma de cana tallada en punta, utilizada na Antigüidade para escribir sobre pergameo ou papiro. A partir do s IV foi substituída pola pluma de ave e despois polas plumas metálicas.

    2. Modo peculiar de escribir que ten un autor.

  4. s m [MÚS]

    Antigo instrumento musical parecido á frauta.

  5. s m [ANAT]

    Parte máis baixa do cuarto ventrículo, entre os corpos restiformes. Chámase tamén calamus scriptorius.

  6. s cálamo aromático [PLANTA]

    [Acoru

Palabras veciñas

2 calamita | calamitáceo -a | calamitoso -sa | cálamo | Calamocha | Calamonte | calamoucha