Calamonte
Calamonte
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao SO de Mérida e bañado polo Guadiana (5.869 h [1996]). Posúe unha economía agrícola e gandeira con industrias derivadas destes sectores, e outras relacionadas coa produción de madeira.