1 calandra

1 calandra

(

  1. s f [TECNOL]

    Máquina formada por un conxunto de rolos superpostos entre os que pasa unha materia continua, papel ou tecido, sometida á acción combinada da presión e do escorregamento. Na industria papeleira emprégase para comprimir, alisar e satinar o papel ou o cartón. Ademais, poden imprimirse marcas no papel se os rolos de aceiro están gravados. Na industria do caucho emprégase no proceso de preelaboración. A industria téxtil utiliza esta máquina no acabado dalgúns tecidos como o algodón, o liño, a seda e o raión, e para facer compacta a napa; neste caso os rolos metálicos quéntanse con vapor. Utilízase ademais para a produción de pranchas de caucho ou de películas continuas de resinas termoplásticas.

  2. s f [FÍS]

    Núcleo de certos reactores nucleares no que o combustible e o refrixerante están colocados no interior duns tubos que o atravesan, mentres que o moderador enche o resto.

  3. s f

    Reixa disposta na parte exterior dianteira da carrocería dun automóbil, polo xeral diante do radiador, que permite o paso do aire ao interior e serve de adorno.

Palabras veciñas

Calanda | Calanda, deserto de | calando* | 1 calandra | 2 calandra | calandrado | calandrar