Calar Alto, Observatorio de
Calar Alto, Observatorio de
Centro astronómico hispano-alemán situado en Almería. Creouse despois dun acordo de colaboración científica asinado polos dous países o 17 de xullo de 1972. A dirección corresponde á Comisión Nacional de Astronomía e ao Max Planch Institut de Alemaña. O seu telescopio óptico mide 3,5 m de diámetro.