Calatrava, José María
Calatrava, José María
Político e xurisconsulto liberal. Deputado liberal por Extremadura nas Cortes de Cádiz, co retorno de Fernando VII pasou oito anos de cárcere en Melilla, ata o inicio do réxime constitucional en 1820. Presidiu as primeiras Cortes, redactou o código criminal de 1822 e foi ministro de Gracia e Xustiza no 1823. Á caída do réxime constitucional tivo que saír do país, ao que volveu en 1833. Tralo alzamento de La Granja, que obrigou a rexente María Cristina a restablecer a Constitución de 1812, foi nomeado presidente do goberno. Estaba considerado como un dos membros da “trindade” do partido liberal, xunto con Argüelles e Mendizábal. Foi presidente do Tribunal Supremo, cargo do que dimitiu en 1843 para retirarse da vida política.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Mérida, Extremadura -
Deceso
Lugar : Madrid