cálaza

cálaza

(< grχάλαζα ‘sarabia’)

  1. s f [BOT]

    Parte basal da nucela do rudimento seminal en contacto co funículo onde se ramifica o feixe condutor procedente deste para dirixirse aos tegumentos.

  2. s f [ZOOL]

    Parte interior dos ovos das aves formada por cada un dos dous filamentos retorcidos de materia albuminosa que unen a xema coas membranas adxacentes á cuncha, ao mesmo tempo que a manteñen suspendida.