calaza

calaza
  1. s f

    Peza de roupa ou anaco de tea vello e gastado.

    Ex: É tan miserento que sempre anda vestido con calazas.

    Sinónimos: aldraxe, bandallo, cerello, fargallo, farrapo, galdrapo.
  2. s f

    Persoa vestida con roupa usada e esgazada que presenta un aspecto desagradable.

    Ex: Es un desleixado na vestimenta e no aseo persoal, pareces un calaza.

    Confrontacións: peringallo, pingallo.