calcantita
calcantita
s
f
[MINERAL]
Sulfato hidratado de cobre, de fórmula CuSO4·5H2O. Cristaliza no sistema triclínico. É de cor azul, ten brillo vítreo e preséntase case sempre en masas estalactíticas, cortizas e eflorescencias. Abunda en Chile, onde se emprega para a extracción de cobre.