calcídido -da
calcídido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos calcídidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos calcídidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos himenópteros, parasitos doutros insectos ou fitófagos e produtores de bugallos. De pequenas dimensións, a maioría miden menos de 3 mm de lonxitude, case todos teñen diversas xeracións cada ano, e son cosmopolitas.