calcificación
calcificación
(< calcificar)
-
s
f
[FISIOL]
Depósito de sales calcarios, especialmente fosfato, nas cartilaxes que conducen á formación dos ósos. É unha das fases da osificación.
-
s
f
[FISIOL]
Proceso de formación da dentina e doutros tecidos duros dos dentes a partir da evolución embriolóxica do esbozo dentario.
-
s
f
[PAT]
Depósito de carbonato e de fosfato de calcio nos tecidos e nos órganos, no decurso de determinadas enfermidades: hiperparatiroidismo, osteomalacia, inflamacións crónicas, ateromatose, etc.
-
s
f
[XEOL]
Saturación do solo en carbonato de calcio que se produce nos horizontes de acumulación, onde substitúe a diversas substancias, ou ben se fixa sobre o complexo adsorbente.