calcificación

calcificación

(< calcificar)

  1. s f [FISIOL]

    Depósito de sales calcarios, especialmente fosfato, nas cartilaxes que conducen á formación dos ósos. É unha das fases da osificación.

  2. s f [FISIOL]

    Proceso de formación da dentina e doutros tecidos duros dos dentes a partir da evolución embriolóxica do esbozo dentario.

  3. s f [PAT]

    Depósito de carbonato e de fosfato de calcio nos tecidos e nos órganos, no decurso de determinadas enfermidades: hiperparatiroidismo, osteomalacia, inflamacións crónicas, ateromatose, etc.

  4. s f [XEOL]

    Saturación do solo en carbonato de calcio que se produce nos horizontes de acumulación, onde substitúe a diversas substancias, ou ben se fixa sobre o complexo adsorbente.

Palabras veciñas

Calcidio | calciesponxa | calciferol | calcificación | calcificar | calcífugo -ga | calcimetría