calcitonina
calcitonina
(< calcio)
s
f
[FISIOL]
Hormona polipeptídica segregada polas células parafoliculares (células C) da glándula tiroide baixo a influencia da hipocalcemia. Inhibe a reabsorción dos ósos, de xeito antagónico ao da parathormona, e intervén no metabolismo fosfato-cálcico con efectos hipocaliémicos e hipofosfatémicos. Patoloxicamente, segrégaa en exceso o carcinoma medular da tiroide, do que resulta un marcador tumoral importante. Emprégase no tratamento de certas enfermidades óseas como a osteoporose e a enfermidade de Paget.