1 calco

1 calco

(

  1. s m

    Procedemento para obter unha copia exacta.

    Ex: Tes que me aprender a maneira de facer un calco.

    1. s m

      Copia obtida despois de reproducir un modelo dun papel sobre outro, co que está en contacto, a través dun papel de carbón ou de calquera outro procedemento.

      Ex: Este calco semella unha versión orixinal.

    2. papel de calco

      Papel empregado para calcar.

  2. s m

    Imitación exacta ou moi achegada á orixinal.

    Ex: A redacción do alumno é un calco do texto dun autor coñecido.

  3. [LING]
    1. calco semántico

      Forma de préstamo que imita o esquema ou o significado dunha palabra ou dunha locución estranxeira e non a súa realidade fonética. Así, as palabras rañaceos (gal), rascacielos (cast) e gratte-ciel (fr) son calcos da palabra inglesa skyscraper.

    2. calco sintáctico

      Forma de préstamo que imita a construción dunha proposición dunha lingua estranxeira.

Palabras veciñas

calcita | calcitonina | calciuria | 1 calco | 2 calco | calco- | calcofilita