Caldas de Reis, Santa María de
Caldas de Reis, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é semicircular e apóiase sobre semicolumnas acaroadas. A porta principal está formada por arquivoltas semicirculares que se sustentan sobre columnas acobadadas, o tímpano está decorado polo Agnus Dei. Presenta un conxunto de canzorros románicos. No atrio consérvanse o coroamento do antigo baldaquino pétreo de finais do s XV, realizado en estilo oxival e que consta de tres arcos conopiais xunto a outros lobulados. En 1974 atopouse no atrio unha fábrica de ladrillos e tégulas da época romana.