Calderón Arana, Antonio Tomás Laureano

Calderón Arana, Antonio Tomás Laureano

Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou a cátedra de Química Biolóxica na Universidad de Madrid. Destacaron, sobre todo, os seus traballos sobre cristalografía; ademais, inventou o estauroscopio e reformou o xoniómetro do profesor Groth.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso