Caldes de Montbui
Caldes de Montbui
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, na comarca de El Vallés (12.788 h [1996]). A vila foi creada sobre diversas fontes de augas termais (augas de Caldes de Montbui), correspondentes posiblemente á Aquae Calidae mencionada por Plinio. A pesar de ser unha zona principalmente urbana existen pequenas áreas cultivadas (hortalizas, patacas e froitas) e dedicadas á avicultura. Na industria destaca o sector téxtil, de maquinaria e materiais de construción. A igrexa parroquial de Santa Maria (1585-1714), de estilo barroco, construíuse sobre un antigo palacio real.