Caledonia
Caledonia
Nome dado polos romanos ao N da illa de Gran Bretaña, ao N dos estuarios Forth e Clyde. Estaba habitada polos pictos e os caledonios, pobos belicosos, feito que obrigou os romanos a construír o chamado valo de Adriano.