Caledoniano
Caledoniano
s
m
[XEOL]
Ciclo oroxénico producido no Paleozoico inferior, despois do Silúrico e antes do Devónico, hai uns 330 millóns de anos. Afectou sectores do N e do NL de Europa (Irlanda, Gales, Inglaterra setentrional, Escocia e Noruega), do N de Asia, Alasca, Canadá (sobre todo en Terranova) e tamén de Australia, Brasil e Groenlandia.