Calella
Calella
Municipio da provincia de Barcelona (8 Km2; 11.687 h [1996]). Cidade da costa mediterránea que contou cunha importante industria en xéneros de punto durante o s XIX. A súa economía baséase na agricultura (froitas e verduras) e no sector téxtil, ademais de ter un papel relevante o turismo, principalmente do N de Europa. Destaca a igrexa neoclásica de Santa Maria (s XVIII), as casas Galceran e Sivilla (s XVI) e a torre e a capela de Sant Elm (s XV).