Calendario Zaragozano
Calendario Zaragozano
Publicación anual aparecida a partir de 1856 e coñecida popularmente como O Zaragozano. Na súa portada aparecía o título de El Firmamento acompañado do nome, Calendario Zaragozano, e xunto a estes un gravado que retrataba ao autor. Dividíase internamente en meses, achegaba información sobre eclipses de Sol e Lúa, sobre festas e o calendario eclesiástico. Amais, cada mes tiña cadanseu santoral, fases da Lúa coa indicación do tempo, saídas e postas do Sol e unha lista de feiras de toda España.