calibre
(< fr calibre < ár*qālib ‘forma, molde’)
-
s
m
[BÉL]
-
Diámetro interior do canón dunha arma de fogo. Desde o s XIX mídese en milímetros, centímetros ou polgadas. Nos exércitos de terra, o calibre máximo empregado é o de 203 mm, e na mariña, de 127 mm.
-
Diámetro dun proxectil.
-
Unidade de medida que permite determinar a lonxitude do canón relacionándoo co calibre interior. Así, un obús de 105/26, significa que ten un tubo de 26 mm de diámetro e 105 mm de lonxitude.
-
-
s
m
[TECNOL]
-
Diámetro interior dun tubo ou dun obxecto cilindrico furado lonxitudinalmente.
-
Diámetro dun fío, un arame ou unha barra metálica ben acabada.
-
Grosor dunha chapa ou lámina de metal. OBS: Tamén se aplica ao grosor doutros obxectos.
-
-
s
m
[TECNOL]
Utensilio que mide o interior, o exterior e a profundidade dos obxectos.
-
s
m
[TECNOL]
Peza de madeira ou de metal que ten a forma que é nacesario darlle ao obxecto que se vai formar.
-
s
m
Importancia maior ou menor que pode ter algo ou algunha cousa.
Ex: Fixo unha obra de moito calibre.
Sinónimos: envergadura, transcendencia.