calidófono
calidófono
(< cali- + gr εῐδος ‘imaxe’ + -fono)
s
m
[FÍS]
Instrumento inventado por C. Wheatstone para observar as curvas de Lissajous. Consiste nunha serie de barras da mesma lonxitude pero con seccións rectangulares diferentes, que, facéndoas oscilar, poñen de manifesto, grazas á persistencia da imaxe na retina, as diferentes curvas orixinadas.