cálido -da

cálido -da

(< lat calĭdu ‘quente,cálido’)

  1. adx

    Aplícase a climas e a países con altas temperaturas.

    Ex: Brasil ten un clima cálido.

    Confrontacións: quente.
  2. adx

    Que é acolledor e afectuoso.

    Ex: Recibírono cun cálido aplauso.

    Sinónimos: cordial.
  3. adx [PINT]

    Aplícase á pintura que emprega tons quentes como os vermellos e os amarelos, que expanden a luz, en contraposición aos fríos.

Palabras veciñas

calidade | calidez | calidina | cálido -da | calidófono | Calidón | calidoscópico -ca