californio

californio

(

Nome científico: [Cf]
s m [QUÍM]

Elemento radioactivo artificial transuránido de número atómico 98. Foi descuberto en 1950 por S. G. Thompson, K. Street Jr, A. Ghiorso e G. Th. Seaborg, que identificaron o núcleo 245 entre os produtos obtidos no bombardeo do curio-242 con ións de helio. Coñécenselle once isótopos, todos radiactivos; dos reactores nucleares recóllense principalmente os núclidos 249, 250, 251 e 252, con períodos de semidesintegración que van dende 600 anos