Cálig

Cálig

Municipio da provincia de Castelló de la Plana, no Baixo Maestrazgo (28 Km2; 1.774 h [1996]). Situado nunha pequena zona montañosa, pouco elevada, fronte ao litoral mediterráneo. A poboación dedícase principalmente á agricultura (viña, oliveira, legumes e hortalizas).