Calisto
Calisto
[ASTRON]
Satélite galileano de Xúpiter, o máis exterior dos catro que ten, descuberto por Galileo en 1601. Percorre unha órbita case circular no plano ecuatorial do planeta, a unha distancia media de 1.880.000 km, nun período duns dezaseis días. Aínda que o seu albedo é moi pequeno, arredor de 0,2, o seu raio de 2.410 km faino visible dende a Terra cun pequeno telescopio. As fotografías enviadas polas sondas Voyager 1 e Voyager 2 amosan unha superficie chea de cráteres, dun diámetro medio de 100 km. Ten a metade dun dos hemisferios cuberta por uns aneis concéntricos que envolven unha rexión central brillante duns 600 km de diámetro, a conca de Valhalla.