callaleite
(< callar + leite)
-
s
m
-
Herba ou arbusto do xénero Galium, da familia das rubiáceas, de ata 180 cm de lonxitude, de talo circular ou cuadrangular, as máis delas rubideiras ou rastreiras, con flores de corola tubular de catro lóbulos dispostas en panículas ou capítulos, e froito con dous mericarpos. En Galicia son comúns as especies: G. aparine, anual, de follas de ata 5 cm de lonxitude, dispostas en verticilos de ata 9 e con pequenas espiñas na marxe, flores brancas, froitos de ata 5 mm inzados de ganchiños, propia de bosques, matogueiras e camiños; G. broterianum, perenne, de follas de ata 3 cm de lonxitude dispostas en verticilos de catro, flores brancas e froitos glabros de ata 1,5 mm, propia de ambientes sombrizos que constitúe un endemismo ibérico occidental; G. mollugo, perenne, de follas de ata 25 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 8, flores brancas e froitos sen pelos de ata 2 mm, propia das beiras dos bosques e prados; G. palustre, perenne, de follas de ata 20 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 6, flores brancas e froitos lisos de ata 3 mm, propia de lugares húmidos; G. parisiense, de follas de ata 10 mm de lonxitude e froito glabro de ata 1 mm, propia de terras cultivadas e beiras de camiños; G. saxatile, perenne, de follas de 11 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 6, flores brancas e froitos de ata 1,6 mm, propia de matogueiras e rochedos; e G. verum, perenne, de follas de ata 30 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 12, flores amarelas e froitos glabros de ata 1,5 mm, propia de lugares herbosos, areosos e bosques claros. Empréganse para facer callar o leite na fabricación do queixo.
-
[PLANTA]
carrapizo.
-
-
s
m
Recipiente de barro no que se prepara a callada.
Ex: Caeu o callaleite ó chan e esnaquizouse.