Callot, Jacques

Callot, Jacques

Gravador francés. Foi discípulo de Philippe Thomassin e Giulio Parigi. A súa obra caracterízase pola forza expresiva, polo seu sentido espacial, realismo e composición das masas. Tecnicamente débeselle a substitución do verniz suave polo forte dos xoieiros e dos fabricantes de instrumentos de corda nas augafortes, fórmula que perdurou durante anos. Estableceuse en Florencia ao servizo de Cosme II de Medici, onde gravou Caprichos (1617) e Feira da Impruneta (1620). En 1621 volveu a Francia, ao servizo do duque de Lorena, e gravou Pequena feira (1621) e as series dos Mendigos (1622) e da Nobreza Lorenesa (1623). En 1625 Isabel Clara Uxía solicitou os seus servicios, así que se trasladou a Flandres, onde gravou O sitio de Breda (1628), temática que retomaría en O sitio da illa do rei e O sitio da Rochelle. As súas últimas composicións foron Miserias da guerra (1633) e Suplicios (1634).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nancy

  • Deceso