Calluna
Calluna
[PLANTA]
Xénero de arbustos perennifolios da familia das ericáceas. A especie C. vulgaris de ata 100 cm de altura, moi ramificada, presenta follas de ata 3,5 mm de lonxitude, sésiles e imbricadas en catro ringleiras, numerosas flores tetrámeras, cun invólucro de catro pequenas brácteas, corola campaniforme rosada de ata 3 mm de lonxitude e oito estames de anteras con apéndices basais, e froitos en cápsula globosa de ata 2,5 mm de diámetro. Distribuída por toda Europa, aínda que rara na área mediterránea, está presente en turbeiras, gándaras e claros dos bosques, constituíndo un elemento importante nas comunidades de matogueira de Galicia. Denomínanse comunmente queiroas.