Calmette, Albert

Calmette, Albert

Bacteriólogo francés. Director dos Institutos Pasteur de Saigon (1891) e Lille (1894), onde exerceu como profesor de bacterioloxía. Trátase dunha das grandes figuras da escola de microbioloxía francesa. Realizou numerosas contribucións á profilaxe, á diagnose e ao tratamento das doenzas infecciosas. Cómpre salientar os seus traballos sobre o bacilo atenuado da tuberculose e a vacinación preventiva (1926), así como os referidos aos soros contra as picadas de serpes e contra a peste (1895).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Niza

  • Deceso

    Lugar : París