Calocybe

Calocybe
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das tricolomatáceas, de cogomelos illados e xeralmente de cor branca. En Galicia está presente a especie C. gambosa, propia de terreos calcarios, que se caracteriza por ter un cogomelo de ata 13 cm de altura, convexo, de láminas apertadas e intenso cheiro a fariña acabada de moer. Foi empregada como substituto da insulina en casos de diabete e é moi apreciada como cogomelo comestible.

Palabras veciñas

calobrial | Calocedrus | Calocera | Calocybe | calofrío | Calogo, San Cibrán de | caloloxía