Calogo, San Cibrán de

Calogo, San Cibrán de

Mosteiro beneditino situado en Vilanova de Arousa que existía no s IX, xa que está documentada unha doazón do 846 realizada por Gandilano ou Gundialdo ao abade Viliato. É probable que sexa o mosteiro fundado por san Froitoso ao que se refire san Valerio na vida deste santo. Afonso IV confirmou no 929 as posesións do mosteiro por orde de Hermenexildo, bispo de Santiago de Compostela. Pertenceu á igrexa de Santiago e despois ao mosteiro de San Martiño, como mosteiro dependente, primeiro, e como priorado, despois, ata que foi anexionado por este cenobio en tempos dos Reis Católicos. Do primitivo mosteiro consérvanse as torres de Calogo, que segundo a tradición, eran empregadas polos monxes como faro e campanario.

Palabras veciñas

Calocera | Calocybe | calofrío | Calogo, San Cibrán de | caloloxía | Calomarde, Francisco Tadeo | calomelanos