Calonge
Calonge
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na costa mediterránea, na vertente oriental da serra dos Gavarres (5.832 h [1996]). A costa forma unha extensa enseada. A agricultura baséase en cultivos de secaño coa produción de viña, forraxe, cereais e oliveiras. A base económica aséntase na industria da madeira, do metal e da alimentación e, sobre todo, no turismo, apoiado en actividades como o festival de música clásica, feiras artesás e mercados medievais. É un centro cultural e histórico no que destaca o castelo medieval dos ss XII-XIII, que deu orixe á vila e á igrexa de Sant Martí.