calva

calva

(< lat calva)

  1. s f

    Parte da cabeza que non ten pelo.

    Ex: Séntalle moi ben a calva a ese home.

  2. s f

    Parte dun tecido ou dunha pel que non ten pelo ou peluxe.

    Ex: Esa chaqueta que levas parece que ten unha pequena calva. Ten varias calvas na alfombra.

  3. s f

    Terreo sen vexetación.

    Ex: Aínda que plantou máis céspede non puido tapar todas as calvas.

  4. s f [MICROB]

    Zona de lise ou de inhibición do crecemento provocada pola infección dunha partícula viral sobre unha capa de células hospedeiras.

Palabras veciñas

calurrio | calustra | calutrón | calva | Calvache | calvados | Calvados