Calvache

Calvache
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que tivo a súa orixe en Xenaro Ponce de León, señor de Calvache. Os seus descendentes tomaron o nome do señorío por apelido. As súas armas levan, en campo de ouro, unha ponte de sinople, sumada dun guerreiro, e xinete nun cabalo branco; no xefe, unha rodela de goles cargada dunha coroa imperial de ouro. Outra variante trae: en campo de ouro, unha ponte de pedra, sumada dun guerreiro, e xinete nun cabalo branco; no xefe, unha rodela de goles, perfilada de ouro, cargada dunha coroa do mesmo metal.

Palabras veciñas

calustra | calutrón | calva | Calvache | calvados | Calvados | Calvaert, Denijs