Calvaert, Denijs

Calvaert, Denijs

Pintor flamengo. Discípulo de Fontana, dende 1562 estableceuse en Italia, onde se coñecía como Dionisio Fiammingo. Traballou en Roma con Sabatini e Vasari. Combinou as tradicións flamengas e o rafaelismo nun particular manierismo como se reflicte en A nai de Deus e santo Antón e As vodas de santa Catarina. En 1574 fundou unha academia en Boloña.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Anveres

  • Deceso

    Lugar : Boloña